Estabilizado o incendio forestal do concello lucense de Ourol, parroquia de Merille
O lume iniciouse ás 17,02 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 50 hectáreas
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello lucense de Ourol, parroquia de Merille, quedou estabilizado ás 13,56 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 17,02 horas de onte martes e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 50 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 técnicos, 22 axentes, 23 brigadas, 20 motobombas, 4 pas e 2 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.