Lorenzana e a Cámara Oficial Mineira de Galicia abordan o novo concurso de dereitos mineiros convocado pola Xunta
2026-09-30
/documents/35297/2305761/20260930+LorenzanaC%C3%A1maraMineira_1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse esta mañá en Santiago coa directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia para abordar o novo concurso de 153 dereitos mineiros convocado pola Xunta. En concreto, trátase de 126 dereitos de investigación repartidos nas catro provincias galegas e 27 concesións de explotación para reservas acreditadas.
Lorenzana resaltou tras a xuntanza a aposta clara do Goberno galego por un sector mineiro que representa o 8,7 % do total nacional e que conta cun potencial extraordinario ao albergar 18 das 34 materias primas críticas e estratéxicas identificadas pola Unión Europea.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 30/09/2026