A Xunta reclama un marco regulatorio axeitado para avanzar no despregamento do hidróxeno verde
A Coruña, 1 de outubro de 2026
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, apuntou esta mañá a necesidade de contar cun marco regulatorio que se adapte á realidade dos territorios e do desenvolvemento industrial para poder avanzar no despregamento do hidróxeno renovable.
Fernández Vila participou na Coruña na primeira edición do Hydrogen Day, que organiza a Asociación Galega do Hidróxeno en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia (Inega), onde salientou que “partimos dunha boa posición grazas á capacidade industrial e loxística do noso territorio e a que contamos cun recursos naturais excepcionais, pero iso non significa que o éxito estea garantido” para reclamar de seguido unha “regulación axeitada que garanta o rigor ambiental sen perder de vista a realidade económica e industrial”.