Alfonso Villares asiste ao acto institucional do Día da Policía nacional en Lugo

Lugo, 2 de outubro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe no acto institucional organizado con motivo da festividade dos Anxos Custodios, patróns da Policía Nacional, que se celebrou no auditorio Fuxan Os Ventos da capital.

No transcurso do evento, no que participaron representantes das institucións civís e militares da provincia, procedeuse á entrega de quince condecoracións e rendeuse homenaxe aos axentes falecidos en acto de servizo.

Villares recoñeceu o “labor fundamental” da Policía Nacional e da Unidade de Policía Adscrita (UPA) “para garantir a protección da cidadanía e a defensa das liberdades e para contribuír a que Lugo e Galicia sexan lugares seguros para vivir e para visitar”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/10/2026