Fabiola García define a premio Nobel Anne L’huillier como un referente que inspira as novas xeracións de científicas galegas
2026-10-02
/documents/35297/2308666/20261002+ConselleiraencontroNobel+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiu este mediodía ao encontro da Unidade Muller e Ciencia coa premio Nobel de Física 2023, Anne L’Huillier, á que definiu como unha gran referente que inspira as novas xeracións de científicas.
Fabiola García agradeceu a Anne L’Huillier a súa presenza no pleno da Unidade Muller e Ciencia, un organismo que busca precisamente dar visibilidade ao talento feminino na ciencia e ás referentes. Así, explicou que a presenza da científica franco-sueca é un aliciente para seguir demostrándolle ás novas xeracións que o xénero non é unha barreira para acadar o éxito.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 02/10/2026