Villaverde aborda coa ministra de Pesca de Angola novas vías de cooperación no ámbito marítimo-pesqueiro

Vigo, 5 de outubro de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, e pola delegada  da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, mantivo hoxe en Vigo unha reunión coa ministra das Pescas e Recursos Mariños de Angola, Carmen Ivelise do Sacramento Neto dos Santos, no marco da estancia en Galicia da delegación angolana con motivo da celebración da feira Conxemar 2026.

Durante o encontro, ambas as partes abordaron as posibilidades de reforzar a cooperación entre Galicia e Angola en ámbitos como a xestión sostible dos recursos pesqueiros, a investigación mariña, a formación marítimo-pesqueira e a acuicultura, así como as oportunidades de colaboración e intercambio entre os sectores pesqueiros galego e angolano.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/10/2026