A Xunta aposta no ‘2º Foro de empregabilidade’ por adaptar a formación ás necesidades das empresas e por impulsar a contratación de colectivos prioritarios

Vigo, 8 de outubro de 2026

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe na segunda edición do Foro de empregabilidade, impulsado polo Círculo de Empresarios de Galicia co apoio autonómico. Alí, apostou por conectar as necesidades do tecido produtivo co talento existente entre as persoas traballadoras co gallo de casar oferta e demanda e acadar un mercado laboral forte, dinámico e inclusivo.

Nese sentido, a representante da Xunta referiuse ás políticas activas de emprego encamiñadas a flexibilizar a formación a través de ferramentas como as microcredenciais adaptándose aos perfís que precisan as empresas e co obxectivo de fixar actividade económica, emprego de calidade e poboación no territorio. Tamén á importancia de incentivar a contratación coa ollada posta preferentemente en colectivos prioritarios como a mocidade ou as mulleres, sempre tomando como base o diálogo e a colaboración público-privada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/10/2026