A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, presentou na Cidade da Cultura a publicación da obra, que vén de ser editada por Xerais

A Xunta apoia a difusión da novela gañadora do Xuventude Crea 2025, 'Nós, os tolos', de Tania Castelao

A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta a calidade literaria emerxente existente en Galicia e a importancia de iniciativas que as difundan

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2026

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participou na presentación da novela curta gañadora do certame Xuventude Crea 2025 nesta modalidade, Nós, os tolos, de Tania Castelo, que conta co financiamento da Xunta e publicada pola editorial Xerais.

Na presentación do libro na Cidade da Cultura, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, considerou estas obra como exemplo da “calidade literaria emerxente existente en Galicia” e puxo en valor certames como o Xuventude Crea para dalas coñecer e difundilas.

Por este motivo, Lara Meneses felicitou a autora por ser “representativa do talento que atesoura a mocidade galego” e agradeceu a implicación de Xerais con este certame, amosando, dixo, “o compromiso da industria cultural galega coa xente nova”.

O libro Nós, os tolos, de Tania Castelo, natural do concello coruñés de Mazaricos, foi o primeiro gañador na edición de Xuventude Crea do pasado ano, cun retrato coral sobre a saúde mental, contada a través dos ollos de Marta, terapeuta ocupacional que, xunto co seu equipo, é testemuña da historia que se agocha tras cada nome. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/10/2026