O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude desprazouse ata súas instalacións, integradas no Sistema Galego de Centro Museísticos desde 2025
López Campos destaca a elección da Xunta da Domus Mitreo de Lugo para a custodia dos materiais arqueolóxicos recuperados na contorna da cidade
Salienta a autorización para trasladar a este centro os achados das intervencións ao redor do Pazo de Montenegro, depositados nos museo do castro de Viladonga
Lugo, 9 de outubro de 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou hoxe a elección por parte da Xunta do Museo Universitario A Domus Mitreo de Lugo como centro para a custodia dos materiais arqueolóxicos que se recuperen na contorna da cidade lucense. Así o salientou na visita as súas instalacións, integradas desde 2025 no Sistema Galego de Centro Museísticos, acompañado polo delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, e do director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes.
Neste senso, o representante do Goberno salientou que xa en xaneiro deste mesmo ano, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude autorizou o cambio de depósito dos materiais arqueolóxicos, “procedentes de intervencións arqueolóxicas na contorna do antigo Pazo de Montenegro, que estaban no Museo do Castro para o seu depósito na Domus do Mitreo de Lugo”.
Nesta liña, lembrou que este centro, que ocupa o edificio e anexo do antigo Pazo de Montenegro, é de titularidade público da Universidade de Santiago de Compostela e está integrado no Sistema Galego de Centros Museísticos desde 2025. Ao respecto, destacou que, ao estar tamén situada a carón da catedral de Lugo e da porta de Santiago da muralla romana é na actualidade uns dos principais referentes turísticos e culturais da cidade .
A Domus Mitreo está integrada polos restos dunha casa romana e un templo dedicado ao deus Mitra, datados no século III despois de Cristo. Tras as correspondentes escavacións e estudos, os restos arqueolóxicos exhumados foron musealizados e desde xullo do ano 2013 están abertos ao público.