A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto da senda na PO-313 en Broullón, no concello de Moaña
Trátase de habilitar un treito de case 3 km de lonxitude, para configurar un itinerario peonil continuo e seguro desde o núcleo de Broullón ata a intersección coa estrada provinciai EP-1104
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2026
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do proxecto de trazado para a execución da senda na estrada autonómica PO-313 ao seu paso por Broullón, no concello de Moaña
Data de actualización: 09/10/2026