Sendeirismo, surf e náutica para 600 escolares da comarca de Vigo grazas ao programa `O teu Camiño´

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visita na praia de Patos aos participantes nas actividades organizadas a través de “O Teu Xacobeo”

Nigrán (Pontevedra), 9 de outubro de 2026

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este venres na praia de Patos, en Nigrán, aos escolares que participan no programa “O teu Camiño”, unha Iniciativa de promoción do Camiño Portugués da Costa que combina deporte, cultura, educación ambiental, inclusión e solidariedade.

A representante autonómica explicou que o proxecto traballa de xeito local para que os escolares dos municipios polos que pasa a ruta de peregrinación tomen conciencia do seu significado e comprendan como inflúe na historia, a cultura e a identidade de Galicia.  Ademais, apuntou que a iniciativa da continuidade a dúas edicións anteriores, celebradas en 2019 e 2020, no marco de “O Teu Xacobeo”.

Aproximadamente uns 600 escolares e familias de centro educativos de Oia, Baiona, Nigrán, Vigo e Redondela participan nas actividades, que incluíron tamén a participación de menores do centro de protección de Aldeas Infantís.

Este 9 de outubro a xornada consistiu nunha charla no CEP Sabarís de Baiona, unha andaina por un tramo do Camiño da Costa, con posterior traslado á Praia de Patos para recibir unha clase de surf.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/10/2026