A Xunta dá a benvida a un grupo de peregrinos con discapacidade que fixeron o Camiño de Santiago en bicicletas adaptadas

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2026

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, recibiu esta mañá na praza do Obradoiro a un grupo de 80 persoas con discapacidade, familiares e amigos que fixeron en bicicletas adaptadas o Camiño de Santiago da man da Fundación También. Begoña Abeijón felicitou aos participantes por completar o Camiño e destacou a importancia de eventos deste tipo para dar máis visibilidade ás persoas con discapacidade e seguir promovendo tanto actividades como espazos accesibles.

A directora xeral agradeceu á Fundación que faga todos os anos o Camiño, “dando visibilidade e demostrando que as persoas con discapacidade poden facer todo o que se propoñan”. Tamén salientou que esta entidade leva 22 anos facendo o Camiño, desde o Xacobeo 2004, conxugando deporte, convivencia e inclusión. A Fundación También conta con Irene Villa como embaixadora e o seu obxectivo é a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade a través do deporte adaptado e o ocio inclusivo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/10/2026