Villares salienta o compromiso de Aspnais coa inclusión nunha visita ás instalacións xunto ao novo presidente da entidade
2026-10-13
/documents/35297/2314107/VillaresAspnais+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 13 de outubro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou hoxe as instalación de Aspnais xunto ao novo presidente da entidade, Eugenio Corral, que detallou os distintos servizos que prestan aos usuarios e as súas familias no antigo hospital San José de Lugo.
Villares destacou o valioso papel que desempeña Aspnais para impulsar o desenvolvemento persoal e a integración social e laboral das persoas con discapacidade intelectual. A Xunta apoia este labor financiando máis de 150 prazas de atención diúrna e residencial, entre outras liñas de colaboración.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 13/10/2026