A Xunta colabora coa fundación Araguaney no traballo que a entidade está a realizar para enviar axuda humanitaria a Venezuela
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2026
A Xunta colabora coa Fundación Araguaney, para que a entidade faga fronte aos custos loxísticos derivados do traballo que está a facer para enviar axuda humanitaria á poboación afectada polos terremotos do pasado mes de xuño en Venezuela.
Tal e como confirmou a Fundación, nestes días 14,2 toneladas de axuda humanitaria chegaron a Venezuela desde Santiago de Compostela, onde a Hermandad Gallega de Venezuela se encarga da súa recepción para a súa posterior distribución. Así, esta entidade encárgase de canalizar as subministracións cara ao Hospital Universitario de Caracas, o hospital Infantil J. M. de los Ríos, os hospitais Domingo Luciani e Vargas e os centros de acopio da Universidade Central de Venezuela e a Universidade Católica Andrés Bello.