Lorenzana sitúa a innovación e a IA como instrumentos clave para afrontar os retos do tecido produtivo

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro de traballo en Santiago co presidente da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), Eduardo Abad, no que abordou os principais retos aos que se enfronta o tecido produtivo.

Na reunión, a conselleira destacou o papel da  innovación e de tecnoloxías como a IA como chaves para lograr un tecido produtivo máis competitivo. Tamén anticipou as novas liñas estratéxicas da Consellería dirixidas a pemes ou startups, centradas en favorecer que as novas solucións tecnolóxicas se traduzan en actividade empresarial, investimento, crecemento económico e emprego de calidade. Pola súa banda, Abad trasladou a Lorenzana as dificultades que afrontan os sectores económicos debido, entre outros factores, ao encarecemento enerxético que sofren os negocios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/10/2026