A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, deu conta hoxe da licitación das obras destes novos fogares
A conselleira Allegue destaca que a aposta decidida da Xunta pola vivenda permitirá destinar 13M€ á construción de 79 vivendas públicas en Carballo
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a licitación da construción deste inmoble e as empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 25 de novembro
Os traballos teñen un prazo de execución de 19 meses, polo que se prevé que estas vivendas serán unha realidade no ano 2028
O edificio, que se distribuirá en dous bloques, contará con vivendas maioritariamente de dous e tres dormitorios, e serán “accesibles e eficientes enerxeticamente”
O inmoble construirase na rúa Médico José Manuel Lado, nunha parcela cedida polo Concello, que se suma a outros 17 municipios que están a proporcionar solo á Xunta para construír máis vivenda pública
Carballo (A Coruña), 15 de outubro de 2026
A conselleira Allegue destaca que a aposta decidida da Xunta pola vivenda permitirá destinar 13M€ á construción de 79 vivendas públicas en Carballo.
A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, deu conta hoxe da licitación das obras destes novos fogares.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a licitación da construción deste inmoble na rúa Médico José Manuel Lado. As empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 25 de novembro.
Cómpre lembrar que o proxecto xa está redactado, polo que agora se continuará avanzando cara á adxudicación das obras, que terán un prazo de execución de 19 meses. A Xunta prevé que estas vivendas serán unha realidade no ano 2028.
O edificio, que se distribuirá en dous bloques, contará con vivendas maioritariamente de dous e tres dormitorios, todas con garaxe e rocho. Allegue salientou que se trata de fogares “accesibles e eficientes enerxeticamente”.
A conselleira lembrou que este inmoble se contruirá nunha parcela cedida de balde polo Concello de Carballo e precisou que con este municipio xa son 18 os que están a proporcionar solo á Xunta para que poida construír máis vivenda pública.