Lorenzana recibe á nova directiva do Clúster de Comunicación de Galicia para analizar as posibilidades de crecemento do sector
2026-10-16
/documents/35297/2314116/16102026+LorenzanaClusterComunicacion+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recibiu hoxe en San Caetano á nova directiva do Clúster de Comunicación de Galicia encabezada pola súa presidenta, Marta Ferro, e o vicepresidente, Domingo Torrón.
No encontro, Lorenzana aproveitou para analizar co clúster as oportunidades de crecemento do sector co obxectivo de reforzar a súa competitividade nun contexto cada vez máis globalizado e tecnolóxico. Ademais, puxo en valor o seu labor, que integrado por máis de 230 entidades entre empresas, asociacións profesionais, centros tecnolóxicos e de formación, representa os intereses de toda a cadea de valor da comunicación en Galicia.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 16/10/2026