Ángeles Vázquez traslada o apoio da Xunta ás iniciativas de Fademga e Special Olympics
2026-11-11
/documents/35297/2343142/20261111+ConselleirareunionFademga.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, reuniuse co presidente de Fademga e Special Olympics, Eladio Fernández, e outros membros da directiva para trasladarlle o apoio da Xunta ás iniciativas que permitan mellorar a autonomía, atención e calidade de vida das persoas con discapacidade.
Neste sentido, explicou que o traballo que veñen desenvolvendo nos últimos anos estas entidades foi fundamental para consolidar os dereitos das persoas con discapacidade, para mellorar o apoio ás familias e para impulsar o deporte adaptado como forma de inclusión.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 11/11/2026