O delegado da Xunta en Ourense mantén unha reunión co presidente da Asociación de Pais e Nais de Discapacitados Intelectuais
Ourense, 12 de novembro de 2026
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha reunión esta mañá na Delegación Territorial, co presidente da Asociación de Pais e Nais de Discapacitados intelectuais (Aspamadis), Manuel Martín, para trasladarlle a total colaboración do Goberno galego no traballo pola integración social e laboral das persoas con necesidades especiais que vén desenvolvendo esta entidade na provincia de Ourense.
No encontro, analizáronse os proxectos de futuro desta asociación de nais e pais para favorecer a integración dos seus fillos no mercado laboral a través de ferramentas coas que poidan acadar oportunidades de emprego.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 12/11/2026