A Xunta impulsa a promoción dos produtos do mar galegos ante compradores do Reino Unido e de China

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2026

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Ángeles V. Suárez, mantivo hoxe en Santiago de Compostela un encontro con representantes de cinco empresas compradoras do Reino Unido e de China que participan na misión comercial inversa de Competemar 2026. O programa desenvólvese ao abeiro dun convenio entre a Consellería do Mar e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e ofrece formación especializada, asesoramento individual e accións de promoción no exterior para apoiar a internacionalización das empresas galegas do sector mar-industria.

Durante a misión, os compradores mantiveron reunións comerciais con doce empresas galegas e coñeceron, de primeira man, distintas fases da cadea produtiva, desde o cultivo do mexillón en batea ata a transformación e a conservación dos produtos do mar. O percorrido rematou en Bueu, onde a delegación visitou a lonxa e as instalacións de Frigoríficos Rosa de los Vientos e participou nunha degustación de produtos do mar.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 13/11/2026