Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.106 novas da C. de Política Social e Igualdade:

03/09/2026 | 15:17 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo lembra que está aberta a convocatoria para solicitar as axudas para crear cinco novas casas niño no rural galego

A delegada da Xunta visitou as casas niño Xoaniña e Axouxere un servizo pioneiro que Galicia comezou a implantar hai dez anos e que está a ser imitado por outras comunidades autónomas

02/09/2026 | 17:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia o labor de integración de Aspnais na presentación da carreira solidaria Holi Run

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, puxo en valor o labor da entidade, á que a Xunta achega este ano máis de 2,7 millóns de euros

02/09/2026 | 17:05 | C. de Política Social e Igualdade

Friol estrea este curso unha escola infantil con 51 prazas, na que a Xunta investiu máis de 220.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou as instalacións, froito das obras executadas para transformar o Punto de Atención á Infancia nun centro máis amplo e moderno

02/09/2026 | 14:03 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García lembra que as familias galegas poderán solicitar desde o 9 de setembro o Bono Concilia Familia da Xunta, con axudas de ata 500 euros

O Executivo galego destina 2,6 millóns de euros a este programa para axudar a costear os gastos derivados da atencións aos pequenos en períodos non lectivos

31/08/2026 | 15:47 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor a traxectoria da Fundación San Rosendo na atención e coidado das persoas maiores

A conselleira garante o apoio do Goberno galego ás entidades sociais para avanzar “nunha rede de centros residenciais que son auténticos fogares para os seus usuarios”

31/08/2026 | 14:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo e a alcaldesa de Ribeira supervisan os traballos do obradoiro de emprego de carpintaría na escola infantil municipal e de mellora de montes na parcela de San Roque

A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo, organizado en colaboración co Concello de Porto do Son, conta cun investimento de case 547.000 euros, para formar a 20 desempregados no eido de mantemento forestal e carpintaría e moble e que se está desenvolvendo desde o pasado 1 de xullo ata o 28 de febreiro de 2027

31/08/2026 | 13:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta valora o apoio a mulleres en situación de especial vulnerabilidade por parte de entidades como AFA Chantada

O Goberno galego colabora cunha orde de axudas que facilita o desenvolvemento de programas destinados á integración social e laboral deste colectivo

30/08/2026 | 11:06 | C. de Política Social e Igualdade

Aberto o prazo de solicitude das axudas económicas da Xunta para vítimas de violencia sexual

O Goberno galego destina dous millóns de euros a esta nova convocatoria de achegas, que busca favorecer a recuperación integral das mulleres afectadas

29/08/2026 | 20:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta despide aos nenos saharauís do Programa Vacacións en Paz que pasaron o verán en Galicia con familias de acollida

Galicia é a terceira comunidade con máis menores acollidos este ano no marco deste programa, arredor de 280

29/08/2026 | 14:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o compromiso coa igualdade e a diversidade no rural da romaría Ponte Farruca

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, participou esta mañá nas actividades do encontro, do que celebrou que sexa un exemplo de convivencia e respecto