Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 715 novas da área temática Exterior:

12/10/2026 | 09:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a presenza do Camiño de Santiago no desfile co gallo do Día da Hispanidade de Nova York

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, asistiron ao desfile no que tomaron parte carrozas decoradas por entidades galegas no país con motivos do Ano Santo

11/10/2026 | 11:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Córdoba o papel dos centros galegos do exterior na conexión coa Galicia de hoxe e como embaixadores do Xacobeo 2027

O secretario xeral da Emigración e o comisario do Xacobeo 2027 visitaron o Centro Galego de Córdoba e participaron na presentación do Ano Santo Xacobeo 2027

10/10/2026 | 11:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo a especial relación entre o Camiño de Brochero e a ruta Xacobea como símbolo da importancia da galeguidade no país

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse na Arxentina co gobernador de Córdoba, Martin Llaryora, e posteriormente visitou o Centro de Interpretación O Camiño de Brochero

08/10/2026 | 12:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra na arxentina o éxito do Programa Conecta con Galicia no Camiño como mostra da ilusión por retornar da comunidade no exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tomou parte na entrega de compostelas a 39 das persoas participantes este ano na iniciativa, onde destacou que case 700 galegos da Arxentina retornaron en 2024, último exercicio con rexistros

06/10/2026 | 18:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

‘Nortear Ilustrado’ regresa á Illa de San Simón coa arquitectura como fonte de inspiración

A residencia artística reúne, de hoxe ao 9 de outubro, seis ilustradores de Galicia e do Norte de Portugal para promover a creación e o intercambio entre profesionais de ambos os lados da fronteira

06/10/2026 | 16:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A delegada da Xunta en Ferrol recibe ás novas persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior no Campus Industrial

As bolsas BEME, cunha dotación económica que pode alcanzar os 12.500 euros, están destinadas a cubrir gastos de matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención durante a realización de mestrados nas universidades públicas de Galicia

06/10/2026 | 14:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia aposta por reforzar o papel das rexións costeiras na nova estratexia industrial marítima da UE

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión da Comisión ECON do Comité Europeo das Rexións, celebrada en Galway no marco da presidencia irlandesa do Consello da UE

03/10/2026 | 13:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida o próximo curso a convocatoria de 250 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior tras ter concedido case 2.000 nunha década con máis de 18 M€

Ante as bolseiras e bolseiros deste curso 2026-2027, José González valora a iniciativa que promove mestrados nas tres universidades públicas para impulsar o retorno, a atracción de talento cualificado e o progreso demográfico e socioeconómico de Galicia

29/09/2026 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na reunión das unidades de coordinación do POCTEP no concello de Lobios

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu á apertura da 10ª convocatoria do programa