Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.128 novas da área temática Infraestruturas:

19/10/2026 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora do firme na LU-021 en Lugo farán necesarios cortes de tráfico diúrnos a partir de mañá

Os traballos nesta vía que dá acceso ao Hospital Universitario Lucus Augusti suporán o corte total en ambas calzadas entre as 8 e 20 horas dos días 20, 21, 22, 28 e 30 de outubro

18/10/2026 | 13:46 | C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo e Luis Verde supervisan o espazo previsto para a ampliación da unidade de resonancia magnética do Chuac

O prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas interesadas remata o vindeiro 2 de novembro

16/10/2026 | 15:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo destaca o apoio da Xunta de preto de 50.000€ na mellora do viario municipal de Eo dos Menecos en Teo

A delegada da Xunta xunto á alcaldesa de Teo supervisaron o resultado dos traballos, que permitiron renovar o firme e mellorar as condicións de seguridade e comodidade da circulación

16/10/2026 | 14:33 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda subliña o compromiso da Xunta coa seguridade viaria tras completar o acondicionamento integral da PO-235 na Lama

Destaca que a actuación nos case sete últimos quilómetros entre Seixido e A Portela da Cruz supuxo un investimento de 4,1 millóns de euros

15/10/2026 | 18:07 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 403.000 euros a redacción do proxecto de mellora enerxética do Hospital público de Barbanza

Co obxectivo de acadar un edificio más confortable para profesionais e usuarios, mellorarase a envolvente do edifico, substituíndo os seus muros cortina e carpinterías, ademais de proceder ao illamento da súa cuberta

15/10/2026 | 16:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xunta e Celta avanzan para conectar de forma directa a AG-57 coa avenida Clara Campoamor

A delegada en Vigo, Ana Ortiz, e a presidenta do Real Club Celta, Marián Mouriño, e a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, destacan o informe positivo de Medio Ambiente para o novo enlace desde a autoestrada Vigo-Baiona

15/10/2026 | 15:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incrementa a variación máxima da potencia dos proxectos eólicos para facilitar a súa modernización e repotenciación

Ángeles Vázquez avanza que se modificará a normativa eólica a través da Lei de medidas dos orzamentos para subir do 10% ao 20% a variación de potencia autorizada para que as melloras propostas se tramiten como modificación non substancial

14/10/2026 | 17:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a ampla oferta dos servizos de autobús en Ferrol e lamenta a desatención ferroviaria por parte do Goberno central

A directora xeral de Mobilidade informou no Parlamento dos servizos activados nas horas de maior demanda entre a área ferrolá e A Coruña