Actualidade
Buscador de novas
López Campos erixe o Festival Castelo conta como “exemplo da dinamización do rural“ a través dunha programación baseada na lingua e a tradición
O representante da Xunta de Galicia agradece a implicación de profesionais como o actor Xosé Antonio Touriñán nesta iniciativa que ofrece unha programación diversa
A proposta de actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega inclúe case 700 medidas para impulsar o seu uso en toda a sociedade
A actualización, coordinada polo académico Manuel González, ten en conta a nova realidade social e demográfica de Galicia con iniciativas específicas para favorecer o uso da lingua entre a poboación foránea, no ámbito dixital e nas redes sociais
Valentín García pon en valor “favorecer a presenza do galego en certos sectores como as forzas de seguridade”
No acto asinouse unha declaración a prol do uso das linguas oficiais nas relacións dos corpos de policía do Estado coa cidadanía
A música urbana en galego de 9Louro conquistará este xoves o ‘Atardecer no Gaiás’
O rapeiro de Muros presentará en concerto gratuíto na Cidade da Cultura o seu segundo traballo ‘Amorrer’
A Xunta e a fundación Repsol impulsan a creación literaria en galego co XX Premio Narrativa Breve
O representante da Consellería de Cultura enxalza a “relevante contribución” do certame á promoción de autores e da lectura na nosa lingua
López Campos reivindica a “fonda pegada” na traxectoria vital de Castelao da estadía na Estrada
Considera “de xustiza” recoñecer os importantes vencellos do intelectual galeguista co municipio, “onde hai 90 anos ofreceu un dos seus discursos a prol do Estatuto”
A Xunta dinamiza o galego no repertorio das corais con obradoiros de canto impartidos polo grupo De vacas
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, pon en valor esta actividade non só en materia de lingua, senón pola conexión interxeracional entre as formacións musicais