Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.016 novas da área temática Territorio:

07/08/2026 | 16:08 | C. de Sanidade

A Xunta informa de que o caso de hantavirus permanece illado en Galicia e sen síntomas

A directora xeral de Saúde Pública transmite unha mensaxe de tranquilidade tendo en conta que este virus non é transmisible se as persoas son asintomáticas

07/08/2026 | 15:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/08/2026 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de 79 novas vivendas de promoción pública en Ames, cun investimento de 14,7M€

O inmoble da rúa Agriños terá 5 plantas e áticos, con fogares de 2, 3 e 4 dormitorios que terán eficiencia enerxética A

07/08/2026 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 380.000 euros as obras de humanización da rúa Vázquez Estévez, en Arbo

A actuación enmárcanse no Plan Hurbe e permitirá gañar espazo para os peóns, mellorar a accesibilidade e reforzar a seguridade viaria

07/08/2026 | 11:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao cambio de uso de solo forestal a agrícola de seis parcelas para o plantado de viñedos no Concello de Cambados

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre e cando se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

06/08/2026 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 820.000 euros as obras da senda na LU-234 ao seu paso por Ombreiro, no Concello de Lugo

Executarase nas marxes desta vía un itinerario de algo máis de 1,2 quilómetros de lonxitude de uso compartido peonil-ciclista entre a Ponte e Riazón, fomentando a mobilidade sustentable e mellorando a seguridade viaria

06/08/2026 | 12:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 190.000 euros as obras de humanización da contorna de Santa Baia de Berredo, no concello da Bola

A actuación, que se enmarca no Plan Hurbe da Xunta, permitirá intervir nos lugares de Anxá e A Eirexa

05/08/2026 | 10:54 | C. de Sanidade

A Xunta publica no portal de transparencia o proxecto de decreto de estrutura das áreas sanitarias do servizo galego de saúde que potencia a atención primaria e comunitaria e a enfermería

Todas as áreas sanitarias contarán cunha Dirección de Atención Primaria e Comunitaria que dependerá directamente da Xerencia