Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Transporte:

17/07/2026 | 16:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta o novo revés para Galicia do Goberno central ao descartar a migración da rede ferroviaria a ancho internacional e novamente “sen informar nin diálogo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo advirte de que esta decisión consolida o monopolio de Renfe, dificultando a competencia e que a cidadanía poida desfrutar das vantaxes da liberalización ferroviaria como máis servizos e prezos máis baratos, ao igual que ocorre noutros territorios

17/07/2026 | 09:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforzará os servizos directos de autobús entre Sanxenxo e Pontevedra durante os meses de verán

A partir do luns, 20 de xullo, a liña directa pola AP-9 chega a Portonovo e incorpora novas paradas en Pontevedra

16/07/2026 | 12:07 | A Presidencia da Xunta

A Xunta publica novas resolucións das axudas para a transformación e modernización de frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías

O Diario Oficial de Galicia recolle as resolucións de ambas as liñas, que suman case 80 subvencións concedidas entre decembro e xuño por preto de 1,7M€

08/07/2026 | 16:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta esixe explicacións a Renfe tras a interrupción da circulación ferroviaria no Irixo e reclama ao Goberno central que garanta os servizos e conexións que precisa a cidadanía galega

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, considera “inaudita” a acumulación de incidencias “practicamente todas as semanas” na liña de alta velocidade entre Galicia e Madrid que afecta a mobilidade na comunidade e sen que o Executivo estatal ofreza información e solucións a esta situación

07/07/2026 | 20:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca a importancia do transporte de calidade para manter un rural vivo e dinámico

Valorou que as empresas galegas do sector xa se están adaptando aos novos retos, como a mobilidade sostible

02/07/2026 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta esixe explicacións a Renfe tras a interrupción da circulación ferroviaria entre A Gudiña e Pobra de Sanabria

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo,  lamenta que esta nova incidencia na alta velocidade Galicia-Madrid súmase aos retrasos e avarías acumulados nos últimos meses sen que o Executivo central asuma responsabilidades nin dea explicacións

01/07/2026 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O concello de Sanxenxo estrea hoxe as tres liñas circulares no marco do convenio coa Xunta para manter este verán o reforzo do servizo de autobús municipal

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, realiza un dos percorridos dunha das tres liñas municipais postas en marcha para impulsar a mobilidade no municipio e que contan con 32 servizos ao día de luns a domingo nos meses de xullo e agosto

24/06/2026 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asiste en Bruxelas ao Foro do Corredor Atlántico para velar polos intereses de Galicia e esixe ao Goberno central un plan director detallado

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, estivo na 4ª Reunión do Foro do Corredor Atlántico da Rede Transeuropea de Transporte, organizada pola Comisión Europea

19/06/2026 | 16:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda cos concellos da Coruña e Culleredo as condicións da bolsa de reforzo no marco do convenio para a prestación do servizo de autotaxi no aeroporto de Alvedro

Segundo o acordo, todos os taxis da Coruña poden acceder á bolsa, formada por 30 licenzas de taxi do concello da Coruña, debendo agardar na zona de reserva habilitada