Plan anual da cooperación galega 2021

A Lei 3/ 2003, de 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento establece no artigo 9, que a cooperación galega articularase a través de Plans directores e de Plans Anuais. Os Plans Anuais serán aprobados polo Consello da Xunta de Galicia a proposta do departamento competente en materia de cooperación para o desenvolvemento previo informe do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento.

No Plan anual 2021 recóllense os compromisos, os medios de actuación e os recursos orzamentarios que o Goberno galego pon a disposición da cooperación para o desenvolvemento para o ano 2021, de acordo coas orientacións establecidas no IV Plan director da cooperación galega 2018-2021; e conta cunha dotación orzamentaria de 7.448.433,00 €; é dicir, un incremento dun 12,06 % con respecto do ano 2020.

Data de aprobación polo Consello da Xunta: 11/02/2021 

Ligazóns relacionadas