Plans e programas anuais/plurianuais

Neste apartado recóllense os diferentes plans e programas anuais/plurianuais. Empregando as opcións de busca dispoñibles pódense filtrar por estado, departamentos e/ou área temática.

Ten dispoñibles para consulta 19 actuacións:

Consellería de Economía e Industria

Estratexia de aforro e eficiencia enerxética no sector público autonómico de Galicia 2015-2020

Unha das iniciativas emblemáticas da Unión Europea no horizonte do ano 2020 baséase nun emprego máis eficaz dos recursos que permita acadar unha economía máis eficiente, desligando o crecemento económico do uso intensivo de recursos e de enerxía, reducindo as emisións de CO2, reforzando a competitividade e promovendo unha maior seguridade enerxética.

Consellería de Economía e Industria

Axenda da competitividade Galicia: Industria 4.0

A Axenda, cos seus plans de impulso, constitúe o plan director da industria de Galicia 2015-2020, definido no artigo 23 da Lei 132011 do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia.

Consellería de Economía e Industria

Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020

A presente estratexia de internacionalización 2020 ten como obxectivo acadar unha  fase de consolidación ou estadio superior dos distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos cinco anos para estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización e exportación das nosas pemes e os nosos produtos e servizos.

Consellería de Economía e Industria

Plan de Artesanía de Galicia

O Plan de Artesanía de Galicia 2014 – 2016 ten por obxectivo fundamental o de desenvolver unha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector da artesanía galega. O Plan configúrase como unha estratexia específica para Artesanía de Galicia. Conta na súa elaboración coa participación do propio sector e as súas achegas para alcanzar a mellor folla de ruta a seguir.

Consellería de Economía e Industria

Plan estratéxico de RSE de Galicia 2012-2014

O Plan Estratéxico Galego de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia propón unha serie de obxectivos e accións para as empresas, as organizacións, a propia Administración e para toda a sociedade, de cara a crear entre todos un marco axeitado para a incorporación de prácticas socialmente responsables nas empresas galegas.

Consellería de Economía e Industria

Plan de aforro e eficiencia enerxética da Xunta 2011-2013

O sector público debe liderar a aposta pola eficiencia enerxética, de aí o marcado carácter exemplarizante deste plan, co que o Goberno galego avanza na estratexia global pola potenciación do aforro e da eficiencia en todos os sectores económicos para facer de Galicia unha comunidade á vangarda neste eido e no das enerxías renovables.

Consellería de Economía e Industria

Impulsa Ourense. Plan de axudas para proxectos empresariais

Impulsa Ourense é un proxecto posto en marcha pola Xunta de Galicia que contempla unha liña de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial de Ourense e que está dirixido a empresas e emprendedores que teñan un proxecto empresarial de implantación nesta provincia.

Consellería de Economía e Industria

Impulsa Lugo. Plan de axudas para proxectos empresariais

Impulsa Lugo é un proxecto posto en marcha pola Xunta de Galicia que contempla unha liña de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial de Lugo e que está dirixido a empresas e emprendedores que teñan un proxecto empresarial de implantación nesta provincia.

Consellería de Economía e Industria

Plan estratéxico para o cooperativismo

Documento que que ten por finalidade impulsar a construción do cooperativismo do futuro, integrando, ordenando, ampliando e proxectando nun marco operativo as propostas do Libro Blanco do cooperativismo galego.