Plans e programas anuais/plurianuais
Estratexia Retorna 2020
A Estratexia Retorna 2020 recolle as principais liñas de traballo en materia de retorno, co obxectivo de facer de Galicia a mellor opción para vivir para as galegas e galegos residentes no exterior.
Plan galego de estatística 2017-2021
Mediante a Lei 15/2016, do 28 de xullo, do Plan galego de estatística 2017-2021 regulouse e aprobouse o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade autónoma de Galicia.
Plan director de Seguridade TIC 2015-2020
O Plan Director de Seguridade contempla as actuacións en materia de seguridade TIC para asegurar o grao de protección adecuado para a información xestionada pola Administración xeral e do sector público de Galicia.
Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020
O Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020 é o documento que guiará a senda de recuperación económica, facendo da nosa comunidade un territorio máis atractivo para traballar, investir e convivir.
Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión 2014-2020
O Plan de investimentos recolle as principais liñas de actuación que vai acometer a Eurorrexión, sendo así un instrumento eficaz para avanzar no camiño do crecemento intelixente, integrador e sustentable que a Estratexia Europa 2020 ten trazado.
Plan de Mellora da Contratación Pública 2014-2016
O Plan de Mellora da Contratación Pública 2014-2016 é unha folla de ruta elaborada pola Vicepresidencia e a Consellería de Facenda para seguir impulsando a modernización da actividade contractual do Goberno galego, co obxectivo de culminar o proceso a mediados do ano 2016.
Plan de Sistemas TIC na Administración de Xustiza en Galicia (Plan Senda 2020)
O Plan Senda 2014 supuxo un cambio substancial no tocante á modernización da administración de xustiza e no achegamento á cidadanía. Durante estes catro anos, lográronse avances que fan posible a definición e execución de moitas das iniciativas deste novo Plan Senda 2020 desde o punto de vista organizativo, funcional e tecnolóxico.
Programa de impulso democrático da Xunta de Galicia 2015-2016
A Xunta de Galicia considera necesario dar un impulso democrático ao país, no que a cidadanía sexa a protagonista mediante unha maior participación nos asuntos públicos. Para a consecución deste obxectivo, cómpre unha maior transparencia da actividade das Administracións públicas que posibilite a achega de información á cidadanía.
Plan de Axilización Administrativa 2014-2016 (Plan Achega)
Un plan que pretende alcanzar un máximo grao de achegamento da administración á cidadanía, unha administración máis eficaz e que garanta que as relacións da administración cos cidadáns e empresas sexan simples, áxiles e rápidas.
Plan para a Dinamización Demográfica de Galicia 2013-2016 – Horizonte 2020
Este plan baséase na necesidade urxente e imprescindible de traballar en favor da revitalización demográfica, para garantir a sostibilidade demográfica, socioeconómica e sociocultural da Comunidade Autónoma de Galicia. O capital humano é o máis importante para un territorio, é o motor do desenvolvemento social e económico.