Plans e programas anuais/plurianuais
Impulsa Lugo. Plan de axudas para proxectos empresariais
Impulsa Lugo é un proxecto posto en marcha pola Xunta de Galicia que contempla unha liña de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial de Lugo e que está dirixido a empresas e emprendedores que teñan un proxecto empresarial de implantación nesta provincia.
Plan de Infraestructuras Xudiciais 2010-2015
A Xunta de Galicia asumiu en 1995 a provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza. Iniciouse así unha nova política en materia de infraestruturas para actuar na renovación das instalacións xudiciais ou, se fose o caso, acometer a construción dunha nova planta de edificios xudiciais.
Plan Territorial de Emerxencias de Galicia
O Platerga é un instrumento de carácter técnico que comprende un conxunto de normas e procedementos de actuación que constitúen o sistema e dispositivo de resposta das administracións públicas fronte a calquera situación de emerxencia que se produza no ámbito territorial da Comunidade autónoma de Galicia.
Plan Sectorial da Rede Viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros e Sada
O Plan Sectorial da Rede Viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros e Sada ten por obxecto regular a implantación territorial das infraestruturas de estradas nos concellos do ámbito do estudo cando a súa incidencia transcenda do término municipal no que se localizan ou se asenten en varios termos municipais. O plan desenvolveuse segundo o disposto no Decreto 80/2000, de 23 de marzo, que desenvolve a Lei 10/1995, de 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.
Plan estratéxico para o cooperativismo
Documento que que ten por finalidade impulsar a construción do cooperativismo do futuro, integrando, ordenando, ampliando e proxectando nun marco operativo as propostas do Libro Blanco do cooperativismo galego.
Plan Sectorial da Rede Viaria de Santiago, Ames e Teo
O Plan Sectorial da Rede Viaria de Santiago, Ames e Teo ten por obxecto regular a implantación territorial das infraestruturas de estradas no ámbito do estudo cando a súa incidencia transcenda do término municipal no que se localizan ou se asenten en varios termos municipais. O plan desenvolveuse segundo o disposto no Decreto 80/2000, de 23 de marzo, que desenvolve a Lei 10/1995, de 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.
Plan Sectorial Hidroeléctrico das bacías hidrográficas de Galicia-Costa
O seu obxecto céntrase en regular a implantación de determinadas actuacións de interese público ou utilidade social, necesarias para a realización da actividade de produción de enerxía eléctrica no ámbito xeográfico de Galicia-Costa.