A Consellería do Medio Rural dálle un pulo definitivo á conformación da Rede Natura 2000 de Galicia
Santiago, 20 de decembro de 2011
Compartir
  • whatsapp

Introdución
A creación e consolidación da Rede Natura 2000, en base á Directiva Hábitats (92/43/CEE), é unha das políticas medioambientais de maior calado na Unión Europea. Mediante esta Directiva estableceuse a rede coordinada de áreas protexidas máis grande do mundo, que constitúe un elemento fundamental á hora de garantir o mantemento da biodiversidade e os servizos ecosistémicos do conxunto dos estados membros da Comunidade Europea. Esta Rede inclúe como áreas protexidas as denominadas ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves), destinadas á protección de especies de aves silvestres, e os LIC (Lugar de Importancia Comunitaria), destinados á protección dos hábitats e das especies de flora e fauna.

A Rede Natura 2000 en Galicia atópase actualmente composta por 16 Zonas de Especial protección para as Aves (ZEPA), que representan unha superficie de mais de 101.000 ha, e 59 Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), que abarcan unha superficie de máis de 374.500 ha. Dos 59 LIC, e de acordo coa clasificación en ecorrexións da Comisión Europea, 55 espazos adscríbense á Rexión Bioxeográfica Atlántica e 10 á Mediterránea, posuíndo 6 espazos superficies emprazadas nas dúas rexións. Polo tanto, a Rede Natura 2000 galega queda configurada por un total de 75 espazos (59 LIC e 16 ZEPA) que ocupan en conxunto unha superficie de 389.737 ha).

No caso dos Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), as propostas realizadas por cada Estado membro foron aprobadas pola Comisión Europea logo de pasar un proceso de avaliación que determinou a suficiencia de cada proposta en relación aos requisitos establecidos pola Directiva Hábitats respecto dos tipos de hábitats e especies para os que establece a obrigación de declarar LIC.

U.E. criterios a seguir para cada Estado
De acordo cos criterios emanados da Directiva Hábitats, a Unión Europea recoñece en qué estados membros a Rede Natura 2000 aínda é incompleta, ao non contar cunha adecuada representación dos tipos de hábitats e especies de interese comunitario no seu territorio. Deste modo, a Unión Europea define os criterios a seguir para cada estado membro co fin de acadar unha Rede Natura 2000 completa. España atópase entre os países con insuficiencias na configuración dos espazos da Rede Natura 2000, sendo Galicia un dos territorios onde é necesario ampliar os Lugares de Importancia Comunitaria.

2 Marco legal da ampliación
2012: 20 anos de Rede Natura 2000

Transcorridos 19 anos dende que fora promulgada a Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE), a maioría dos Estados membros da Unión Europea aínda non completaron a designación das áreas protexidas (LIC e ZEPA), co cal aínda non acadaron o obxectivo de cubrir os niveis necesarios de representatividade dos distintos tipos de hábitats e especies de interese comunitario na Rede Natura 2000.

A Directiva Hábitats establece os criterios para a configuración da Rede Natura 2000 na Unión Europea en base principalmente á representatividade dun conxunto de elementos, os tipos de hábitats e especies de interese comunitario, tipificados así nos correspondentes anexos da mencionada Directiva. Isto é así co fin que os estados membros da UE poidan garantir o mantemento nun estado de conservación favorable dos elementos indicados, designando os diferentes lugares da Rede Natura 2000 no seu territorio. Ademais, débese prestar especial atención sobre aquelas especies e tipos de hábitats tipificados como prioritarios na Directiva Hábitats, xa que a conservación destes supón unha especial responsabilidade para a Comunidade, habida conta da importancia da súa proporción na súa área de distribución natural dentro ámbito da Unión Europea.

Con posterioridade á promulgación da Directiva Hábitats, a Comisión Europea coordinou distintas reunións técnicas institucionais onde se avaliou a representación dos tipos de hábitats e especies de interese comunitario nas diferentes rexións bioxeográficas do territorio europeo. Deste modo, obtivéronse conclusións de cara a completar a Rede Natura 2000 con respecto aos tipos de hábitats e especies de interese comunitario insuficientemente representados. Estas traducíronse en publicacións técnicas e comunicacións oficiais da Comisión Europea que establecen os criterios a aplicar co fin de acadar unha Rede Natura 2000 coherente na Unión Europea.

No Anexo 2 das Decisións 2004/813/CE e 2006/613/CE da Comisión achegouse un listado de tipos de hábitats e especies, clasificados por Estados membros, respecto aos cales a Comisión sinala insuficiencias. Estas deficiencias facían referencia a cuestións como a insuficiente representación dalgúns tipos de hábitats e hábitats de especies; á necesidade de proporcionar unha maior precisión nos diversos hábitats naturais e especies de interese para a conservación de hábitats mariños presentes; e tamén a aqueles tipos de hábitats naturais e ás especies de interese para a conservación suxeitos a exame científico.

3 Criterios de ampliación
Representación territorial de tipos de hábitats e especies
Tendo en conta que no territorio galego converxen dúas grandes rexións bioxeográficas europeas (Atlántica e Mediterránea), os criterios de ampliación establecidos pola Unión Europea relaciónanse coa necesidade de mellorar a representación territorial de determinados tipos de hábitats e especies de interese comunitario no conxunto destas dúas rexións bioxeográficas.

Considerando os criterios das directivas comunitarias, a presente proposta de ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia materialízase en base a dous conxuntos de criterios emanados das decisións e directrices formuladas pola Comisión Europea mediante a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Unión Europea (DX XI):

• C1: Insuficiencias identificadas pola Comisión Europea (Decisións 2004/813/CE e 2006/613/CE) segundo Rexións Bioxoegráficas.

• C2: Mellora da representatividade en base á Directiva Hábitats e os traballos técnicos derivados da súa aplicación.

4 Proposta de Ampliación
A proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia supón a creación de 21 novos LIC e a ampliación da superficie de 28 LIC, mentres que 31 dos actuais LIC permanecen sen cambios na súa delimitación. Mediante esta proposta de ampliación, a Rede Natura 2000 pasaría a contar con 80 Lugares de Importancia Comunitaria, aos que se sumarían as 16 ZEPA.

Superficie
En canto á superficie, coa proposta de ampliación, a Rede Natura 2000 de Galicia arroxa uns valores actuais de superficie total (LIC+ZEPA) que acadan 537.416 ha. Isto supón un incremento de 147.851 ha.

Superficie da Rede Natura 2000 en Galicia (LIC+ZEPA)

Superficie total Superficie LIC Superficie ZEPA
Ha Ha

Rede Natura actual 389.565 ha 374.435 ha 101.134 ha

Incremento proposto 147.851 ha 154.174 ha 0 ha

Rede Natura proposta 537.416 ha 528.609 ha 101.134 ha

Nota:Valores totais da Rede Natura 2000 actuais e propostos na ampliación.

No contexto da configuración da Rede Natura 2000, hai que subliñar que o aspecto de maior importancia é contar coa representatividade adecuada dos tipos de hábitats e especies de interese comunitario, tal e como o establece a Directiva Hábitats, xa que a constitución da rede non se basea en datos de superficie do territorio. Non por contar cunha elevada porcentaxe de superficie designada como Rede Natura 2000, dita rede está necesariamente completa. Contémplanse diferentes exemplos na Unión Europea, como os países de Eslovenia ou Bulgaria, con máis do 30% da súa superficie terrestre incluída dentro da Rede Natura 2000, sen embargo, a súa designación de Lugares de Importancia Comunitaria aínda non está completada.

Afondando no aspecto da superficie, coa presente proposta de ampliación, a distribución superficial dos LIC nas catro provincias galegas varía lixeiramente. Así o 44% que representa a provincia de Lugo no conxunto de Galicia pasaría a ser o 45%; Ourense pasaría do 35% ao 31%; a porcentaxe da provincia da Coruña pasaría do 13% ao 16%, mentres que Pontevedra segue representando o 8%.

No referente aos concellos de Galicia, dos 315 que compoñen a Comunidade Autónoma, 209 tiñan superficie incluída en algún dos LIC da Rede Natura 2000. Coa presente proposta de ampliación dos LIC, a cifra elévase a 235 concellos galegos con representacións superficiais en LIC da Rede Natura 2000 de Galicia.

 
 

Lugares de Importancia Comunitaria ampliados e de nova creación

 
 
 
 
 
 
 
Código
Denominación
 
Tipo de cambio
 

Sup. Proposta/ha

 
 
 
 
 
 
 
 
 
A Coruña
 
 
 
 
 
 
ES1110002
Costa Ártabra
 
LIC ampliado
 
17.458,9
 
ES1110003
Fragas do Eume
 
LIC ampliado
 
9.963,0
 
ES1110005
Costa da Morte
 
LIC ampliado
 
29.588,2
 
ES1110006
Complexo Húmido de Corrubedo
 
LIC ampliado
 
13.125,7
 
ES1110007
Betanzos-Mandeo
 
LIC ampliado
 
1.792,1
 
ES1110008
Carnota-Monte Pindo
 
LIC ampliado
 
20.471,7
 
ES1110012
Monte e Lagoa de Louro
 
LIC ampliado
 
7.789,8
 
ES1110013
Xubia-Castro
 
LIC ampliado
 
2.826,4
 
ES1110014
Serra do Careón
 
LIC ampliado
 
9.576,6
 
ES1110015
Rio Anllóns
 
LIC ampliado
 
449,6
 
ES1110016
Río Tambre
 
LIC ampliado
 
715,5
 
ES1110017
Brañas do Xallas
 
LIC de Nova Creación
 
333,6
 
ES1110018
Esteiro do Río Baxoi
 
LIC de Nova Creación
 
93,0
 
ES1110019
Río Baleo
 
LIC de Nova Creación
 
849,8
 
ES1110020
Serra da Cova da Serpe
 
LIC de Nova Creación
 
4.063,4
 
ES1110021
Brañas do Deo
 
LIC de Nova Creación
 
3.385,1
 
ES1110022
Río do Castro
 
LIC de Nova Creación
 
76,9
 
ES1110023
Río Grande
 
LIC de Nova Creación
 
385,8
 
ES1110024
Río Belelle
 
LIC de Nova Creación
 
291,2
 
 
 
 
 
 
 
 
        


 
 

Lugares de Importancia Comunitaria ampliados e de nova creación

 
 
 
 
 
 
 
Código
Denominación
 
Tipo de cambio
 

Sup. Proposta/ha

 
 
Lugo
 
 
 
 
 
 
ES1120003
Parga-Ladra-Támoga
 
LIC ampliado
 
11.289,1
 
ES1120005
As Catedrais
 
LIC ampliado
 
992,9
 
ES1120006
Carballido
 
LIC ampliado
 
4.872,5a
 
ES1120009
Monte Maior
 
LIC ampliado
 
1.754,5
 
ES1120010
Negueira
 
LIC ampliado
 
6.550,5
 
ES1120013
Río Ouro
 
LIC ampliado
 
211,9
 
ES1120015
Serra do Xistral
 
LIC ampliado
 
41.140,5
 
ES1120016
Río Cabe
 
LIC ampliado
 
2.627,8
 
ES1120017
Costa da Mariña Occidental
 
LIC ampliado
 
644,0
 
ES1120018
Río Sor
 
LIC de Nova Creación
 
7.932,8
 
ES1120019
Miño-Neira
 
LIC de Nova Creación
 
842,2
 
ES1120020
Serra de Foncuberta
 
LIC de Nova Creación
 
15.523,2
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ourense
 
 
 
 
 
 
ES1130001
Baixa Limia
 
LIC ampliado
 
34.749,7
 
ES1130002
Macizo Central
 
LIC ampliado
 
47.392,0
 
ES1130008
Pena Maseira
 
LIC ampliado
 
6.115,4
 
ES1130009
Serra da Enciña da Lastra
 
LIC ampliado
 
3.498,6
 
ES1130010
Penas Libres
 
LIC de Nova Creación
 
6.043,8
 
ES1130011
Videferre
 
LIC de Nova Creación
 
1.955,8
 
ES1130012
Río Arnoia
 
LIC de Nova Creación
 
3.552,3
 
ES1130013
Brañas do Río Calvos
 
LIC de Nova Creación
 
229,2
 
ES1130014
Veigas do Río Salas
 
LIC de Nova Creación
 
723,1
 
ES1130015
Brañas de Golpellás41
 
LIC de Nova Creación
 
824,2
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Pontevedra
 
 
 
 
 
 
ES1140001
Sistema fluvial Ulla-Deza
 
LIC ampliado
 
1.665,8
 
ES1140003
A Ramallosa
 
LIC ampliado
 
130,8
 
ES1140008
Brañas de Xestoso
 
LIC ampliado
 
1.740,6
 
ES1140014
Serra do Cando
 
LIC ampliado
 
5.553,0
 
ES1140017
Serra do Suído
 
LIC de Nova Creación
 
10.751,4
 
ES1140018
Serra da Groba e Monte da Valga
 
LIC de Nova Creación
 
1.158,2
 
ES1140019
Costa de Oia
 
LIC de Nova Creación
 
2.056,6
 
ES1140020
Illa de Cortegada
 
LIC de Nova Creación
 
193,5
 
 
 
 
 
 
 
 
              
 
 

As superficies calculadas corresponden ás delimitacións dos espazos naturais protexidos adaptadas nos límites autonómicos ao contorno E 1:25.000 do CNIG, cartografía que se acordou sexa empregada por todas as CCAA na 8ª reunión do Comité de Espazos Naturais Protexidos.

 
 
 
 
 
 
 
 


Táboa 4.- Listaxe de espazos incluídos na proposta de ampliación segundo a tipoloxía de cambio, mostrándose a superficie actual, a ampliada e a que resultaría da ampliación.

 
 
  
 
 
 
 
 
Imaxes relacionadas