Balseiro participa nos actos de homenaxe a Julio Castaño Fuente

Monforte, 05 de abril de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou nos actos de homenaxe a Julio Castaño Fuente, na residencia de Monforte, polo seu 102 aniversario. O centenario, nacido na Pobra de Brollón, recibiu as felicitación do dirixente territorial e do persoal e residentes do centro, que organizaron un xantar especial. A xornada estivo amenizada pola asociación de Amigos de Pandeireta, desta localidade. O homenaxeado estivo acompañado tamén por membros da súa familia.

Imaxes relacionadas