A Xunta destaca o labor dos galardoados nos premios Liga con Nós da Liga Reumatolóxica Galega
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2018
Compartir
  • whatsapp

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ensalzou hoxe o labor dos dez galardoados nos premios Liga con Nós da Liga Reumatolóxica Galega, entregados nunha gala en Bergondo (A Coruña). Rueda participou no acto xunto ao delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro.

Os premios Liga con Nós entréganse cada dous anos a organizacións que traballan para mellorar a calidade de vida dos afectados por enfermidades reumáticas, o seu acceso a tratamentos ou, en xeral, a mellorar a súa atención.

Imaxes relacionadas