Un 40% dos participantes nas lanzadeiras de emprego acadaron mellorar a súa situación laboral

O programa promovido polas fundacións Santa María la Real e Telefónica, en colaboración coa Xunta, vén de rematar coa participación de 179 alumnos e alumnas

As lanzadeiras tiveron lugar na Coruña, Carballo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo e estiveron dirixidas a persoas desempregadas de entre 18 e 60 anos con diferentes niveis de estudos con ou sen experiencia laboral previa

O próximo martes comezarán os ‘Satélites de Emprego’ que baixo o formato de webinars difunden consellos prácticos para sacar partido ás ferramentas dixitais para atopar traballo o como actuar nas entrevistas online
 

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2021

As seis lanzadeiras de emprego promovidas polas fundacións Santa María la Real e Telefónica, en colaboración coa Xunta, veñen de rematar coa participación de 179 alumnos e alumnas dos que máis dun 40% xa melloraron a súa situación laboral ao atopar un emprego por conta allea, emprender un negocio, ampliar a súa formación ou obter un certificado de profesionalidade. Os participantes no programa foron, en concreto, 121 mulleres e 58 homes con idades comprendidas entre os 20 e 60 anos.

Desde novembro e ata o de agora, as persoas que tomaron parte das lanzadeiras melloraron a súa empregabilidade con novas técnicas e ferramentas acordes ao novo contexto sociolaboral. Guiados por especialistas, participaron en sesións virtuais e presenciais nas que aprenderon a desenvolver un plan de prospección laboral e a enfocar os obxectivos profesionais; tamén realizaron simulacións de entrevistas para gañar confianza e seguridade en procesos de selección.

Así mesmo, os participantes melloraron o manexo de Internet e das redes sociais para a busca de emprego online, realizaron mapas de empregabilidade e tiveron a oportunidade de contactar con empresas para promocionarse como profesionais cunhas competencias transversais e dixitais renovadas. A Lanzadeiras de Emprego, que se desenvolveron de xeito gratuíto, procuran guiar a persoas en situación de desemprego e reactivar así a súa busca de traballo.

Satélites de Emprego

O próximo 27 martes comezará unha nova rolda dos Satélites de Emprego, unha iniciativa tamén impulsada polas fundacións Santa María la Real e Telefónica, coa colaboración da Xunta, que baixo o formato de webinars ofrece consellos prácticos sobre como sacar partido ás ferramentas dixitais para encontrar traballo o como actuar nas entrevistas online.


As persoas interesadas poden xa apuntarse a un solo webinar ou a varios, en función das súas necesidades e habilidades; para iso deberán realizar a súa inscrición online en www.lanzaderasconectaempleo.es.

Esta iniciativa, totalmente gratuíta, conta co cofinanciamento del Fondo Social Europeo a través del programa operativo Poises. Incluirá a celebración de tres webinars os días 11, 18 e 25 de maio.

Así, o martes terá lugar a webinar Ferramentas dixitais que te axudarán na túa busca activa de emprego, a través do que as persoas participantes aprenderán a utilizar aplicacións de planificación, deseño de currículos creativos ou portais de emprego. A inscrición poderá realizarse ata o domingo 9 de maio, inclusive.

A segunda webinar Traballa a túa marca persoal nas redes sociais profesionais celebrarase o 18 de maio. Os asistentes poderán descubrir como empezar a traballar a súa marca persoal e a mellor forma de potenciala desde as redes sociais. Ademais, afondarán nas posibilidades que ofrece LinkedIn para impulsar s empregabilidade e traballar o networking. A inscrición neste caso pode realizarse ata o domingo 16 de maio, inclusive.

Por último, a terceira das webinar Actualización nos procesos de selección terá lugar o 25 de maio. A iniciativa mostrará como se modificaron os procesos de selección no último ano pola pandemia e cales son os tips a ter en conta para superar con éxito unha entrevista de traballo online. A solicitude pode realizarse ata o domingo 23 de maio, inclusive.

Nas diferentes webinars poderán participar persoas desempregas de entre 18 e 60 anos que residan en Galicia. Cada unha das xornadas celebraranse entre as 11,30 horas e 12,30 horas. Para poder asistir, as persoas participantes necesitarán dispoñer dun dispositivo (ordenador de mesa ou portátil, tablet o smartphone) con conexión a Internet. As persoas seleccionadas recibirán un correo da organización con toda a información para acceder aos webinars nos que participará.

Imaxes relacionadas