A Xunta convoca os exames ordinarios e extraordinarios de 2022 para o manexo das embarcacións de lecer e motos náuticas

As titulacións para as que se convocan as probas son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón e capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B

Para a convocatoria ordinaria de maio as persoas interesadas poderán inscribirse do 28 de marzo ao 8 de abril, ambos incluídos, e para a de setembro o período de matrícula é do 1 ao 12 de agosto, ambos incluídos

Imaxes relacionadas