A Xunta recibe ofertas para adquirir máis de 66.000 m2 en 6 parques empresariais cun investimento de 5 M€
O Instituto Galego da Vivenda e Solo está a analizar as propostas presentadas polas empresas ao abeiro do concurso para a adquisición de solo convocado en febreiro
Recibíronse ofertas para a adquisición de solo nos polígonos das Gándaras (Lugo), A SIonlla (Santiago), Morás (Arteixo), Xinzo de Limia, Carballo e Ortigueira
A Xunta acaba de iniciar a análise para a adxudicación en 6 parques empresariais de 22 parcelas, que suman máis de 66.000 metros cadrados.
O pasado 30 de marzo pechou o prazo para a presentación de propostas para a adquisición de solo empresarial neste polígono no marco do concurso convocado en febreiro, polo que agora o Instituto Galego da Vivenda e Solo está a analizar as ofertas presentadas.
En total, as parcelas polas que existe interese suporían un investimento de 5 millóns de euros, xa aplicada a bonificación do 30% ou do 50%, segundo o polígono.
Recibíronse ofertas para a adquisición de 43.887 m2 (13 parcelas) no parque das Gándaras, en Lugo; 11.436,50 m2 (5 parcelas) na Sionlla, en Santiago de Compostela; 5.471 m2 (1 parcela) en Morás, en Arteixo; 2.592 m2 (1 parcela) en Xinzo de Limia; 1.972 m2 (1 parcela) en Carballo; e 990 m2 (1 parcela) en Ortigueira.
Cómpre lembrar que no concurso deste ano dispuxéronse catro modalidades de compra das parcelas: adxudicación con prezo bonificado, en dereito de superficie, en alugueiro e en compravenda con pago aprazado, esta última por primeira vez.
Tras a formalización dos contratos de adxudicación do concurso, o solo dispoñible na Sionlla e no resto de parques poderá adquirirse nas mesmas condicións da última convocatoria deste procedemento.
Total ofertado | Superficie | Parcelas | |
ARTEIXO | 720.000,00 € | 5.471,00m² | 1 |
CARBALLO | 90.078,39 € | 1.972,00m² | 1 |
GÁNDARAS | 2.798.170,85 € | 43.887,00m² | 13 |
ORTIGUEIRA | 26.730,00 € | 990,00m² | 1 |
SIONLLA | 1.274.427,50 € | 11.436,50m² | 5 |
XINZO | 88.957,44 € | 2.592,00m² | 1 |
TOTAL | 4.998.364,00 € | 66.348,50 m² | 22 |