A Xunta concede máis de 28.000 euros a Cee e a Dumbría para corrixir impactos paisaxísticos nos equipamentos e edificios municipais

O Goberno galego concede incentivos a estes concellos para os proxectos de me-llora do campo de fútbol municipal en Dumbría e de recuperación do lavadoiro pró-ximo ao conxunto etnográfico de Morancelle en Cee

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de resolver as solicitu-des de axudas da convocatoria de 2022, dirixida a entidades locais de menos de 20.000 habitantes, para emendar os impactos negativos que poden causar na con-torna
 

Carballo (A Coruña), 7 de maio de 2022

A Xunta concedeu dúas axudas por máis de 28.000 euros aos concellos de Cee e Dumbría para corrixir impactos paisaxísticos nos equipamentos e edificios públicos do municipio.

 

Concretamente, no caso de Dumbría recibirá 15.822 euros para actuar no peche perimetral do campo de fútbol municipal do Conco: levarase a cabo o recebado e pintado da totalidade do cerramento do campo e ademais proponse a demolición parcial do muro nun treito reducindo a súa altura, mudando esta parte por unha de lamas verticais de aceiro galvanizado.

 

No caso de Cee a Xunta financiará con 12.695 euros a recuperación do lavadoiro próximo ao conxunto etnográfico de Morancelle. A contorna do lavadoiro atópase moi deteriorada. O proxecto aprobado contempla a limpeza e lavado tanto do lavadoiro como dos parámetros da contorna, selado das fendas no tanque de auga, recebado e a substitución dos desaugadoiros e arquetas. Ademais, procederase á demolición da pavimentación actual para proceder á construción dunha soleira rematada con pedra irregular semellante á existente na contorna.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de resolver a convocatoria de 2022 da orde de axudas para avanzar na loita contra o feísmo nos concellos de menos de 20.000 habitantes.

 

Cómpre lembrar que este programa de incentivos -convocada en xaneiro por 600.000 euros e cuxo crédito se ampliou ata os 800.000 euros esta mesma semana- recolle dúas liñas de actuacións subvencionables: a Liña 1 para intervencións coas que emendar o impacto negativo que poden causar sobre a contorna edificios e dependencias que acollen servizos municipais; e a Liña 2 pensada para mellorar determinados tipo de equipamentos públicos ou elementos etnográficos – como fontes, hórreos, palcos de música e lavadoiros - propiedade dos concellos

 
 

As actuacións subvencionables, que poderán acadar o 70% do custo estimado, deberán adaptarse ou ben aos criterios fixados na Guía de cor e materiais de Galicia, ou ben aos da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

 

Convocatoria de 2021, a primeira

Cómpre lembrar que o ano pasado a primeira convocatoria das ordes de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, tanto para particulares como para concellos, saldouse con máis de medio milleiro beneficiarios que recibiron subvencións por un importe total de 2 millóns de euros e permitiron intervir en 222 municipios galegos

 

En vista do éxito da primeira convocatoria, a Xunta decidiu convocar de novo este ano ambas liñas de subvención no marco da súa aposta polo fermosismo e para garantir unha integración harmónica entre as construcións urbanas, tanto públicas como privadas, e a contorna paisaxística

 
 

Imaxes relacionadas