Fernández-Tapias visita os talleres infantís de maquillaxe no marco da campaña Samaín 2022 zona Náutico

Vigo, 31 de outubro de 2022.-

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata Rosalía de Castro para participar da última xornada da campaña comercial da Zona Náutico con motivo da celebración do Samaín 2022.

 

Fernández-Tapias tivo oportunidade de asistir aos talleres infantís organizados pola asociación e aprender xunto aos nenos vigueses as últimas técnicas de maquillaxe temático desta festividade.

 

Imaxes relacionadas