O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou nunha mesa sobre coordinación asistencial dentro do II Encontro de Direccións Médicas
Galicia comezou a dar pasos neste sentido coa implantación da Historia Clínica Electrónica ou coa creación de canles de comunicación directa cos hospitais galegos para a renovación de receitas médicas
Tamén lembrou que Galicia converterase en pioneira coa posta en marcha dos primeiros centros de coidados intermedios públicos de España que atenderá ás persoas que xa recibiron a alta hospitalaria, pero que segue requirindo coidados
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta mañá nunha mesa sobre a coordinación asistencial no marco do II Encontro de Direccións Médicas que está tendo lugar no parador de Alcalá de Henares en Madrid. Durante a súa intervención, lembrou que o novo modelo de coidados debe pasar necesariamente por unha maior coordinación entre o ámbito sanitario e o social.
Estas instalacións, ás que tamén se referiu a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, durante a súa participación neste evento no día de onte, permiten atender ás persoas que xa recibiron a alta hospitalaria, pero que segue requirindo coidados específicos. Deste xeito, poderán continúase coa súa atención desde o ámbito social para garantir a súa recuperación completa e evitar o seu deterioro.