Política Social e Xuventude participa na gala solidaria de Asem Galicia a prol das persoas con enfermidades neuromusculares

Vigo, 4 de decembro de 2022

  O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu esta tarde á gala solidaria organizada pola Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM). O obxectivo deste evento foi recadar fondos para proxectos que axuden a mellorar a calidade de vida destas persoas e ao mesmo tempo dar máis visibilidade á situación que viven.

Fernando González Abeijón destacou que o traballo que realiza ASEM é fundamental para sensibilizar sobre a realidade e as necesidades específicas de quen padece este tipo de doenzas.

Imaxes relacionadas