Javier Arias visita o Fogar San José, en Monforte de Lemos

Monforte de Lemos (Lugo), 9 de decembro de 2022

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o Fogar San José, que xestiona en Monforte de Lemos a congregación das Hermanitas dos Anciáns Desamparados.


Arias gabou a súa longa traxectoria, con 135 anos de servizo no municipio, e tamén o papel que xoga actualmente como parte esencial da rede de recursos sociosanitarios, públicos e privados, a disposición das persoas maiores e das familias no sur da provincia.


O delegado subliñou a necesidade de promover un envellecemento activo e saudable, así como de facilitar a participación dos maiores en todos os ámbitos da sociedade para que xeracións máis novas aproveiten a súa experiencia e coñecementos.

Imaxes relacionadas