A Xunta promoverá actividades de envellecemento activo en colaboración coa asociación cultural O Castro

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 12 de decembro de 2022

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitiaria, Antón Acevedo, visitou hoxe á asociación cultural O Castro na parroquia de Baión, en Vilanova a de Arousa. O Goberno galego destinará 20.000 euros a esta entidade na posta en marcha dun programa de envellecemento activo no medio rural.

 

Antón Acevedo destacou que a través deste convenio de colaboración facilítase que as persoas maiores poidan promover a súa autonomía e independencia, melloren as súas relacións sociais e incrementen as súas habilidades tecnolóxicas para evitar o illamento por descoñecemento dixital.

Imaxes relacionadas