O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou hoxe a sede da entidade con motivo deste certame

A Xunta participa na 27º edición do certame Tarxetas de Nadal de Special Olympics

Nesta 27 edición participaron 32 entidades de toda Galicia e presentáronse arredor de 965 deseños diferentes

O Goberno galego entregou ademais un vehículo adaptado á entidade con cargo a orde de axudas do 0,7% do IRPF

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, presidiu hoxe o xurado que escolleu os traballos seleccionados no 27 Certame autonómico de Tarxetas de Nadal de Special Olympics Galicia. Nesta edición contouse coa participación de 32 entidades de toda Galicia e presentáronse arredor de 965 deseños diferentes.

 

Este certame é unha das citas clásicas de Special Olympics Galicia e cada ano conta cunha gran aceptación entre todas as entidades da Comunidade que traballan no ámbito da atención ás persoas con discapacidade intelectual. Prevese que o vindeiro mes de xaneiro teña lugar un acto no que se entregarán agasallos aos participantes.

 

O director xeral aproveitou a visita para entregarlle un vehículo adaptado á entidade con cargo á casilla social do 0,7% do IRPF. Así mesmo, destacou que a colaboración do Goberno galego co seu labor diario continuará no vindeiro ano 2023 porque teñen demostrado ser un pilar fundamental para centos de persoas con discapacidade que atopan nos seus proxectos unha mellor calidade de vida.

Imaxes relacionadas