Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 186 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

01/07/22 | 17:36 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro pon en valor a excelencia e a calidade de Galicia como destino turístico no izamento da bandeira Q de Calidade no náutico de Boiro

A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe no acto que tivo lugar na Marina de Cabo de Cruz

01/07/22 | 13:14 | Axencia de Turismo de Galicia

Un total de 66 carteis presentáronse ao concurso de cartelismo Terras Gauda-Turismo de Galicia

Este concurso é froito da colaboración entre Turismo de Galicia e a Bodega Terras Gauda para deseñar a imaxe publicitaria das Xornadas das Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia

29/06/22 | 13:11 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro participa na rolda de prensa da presentación dos premios Excellence que terán lugar esta tarde na Coruña

A directora de Turismo de Galicia avanzou que o turismo de cruceiros creceu na nosa comunidade un 16% respecto a cifra previa á pandemia coa chegada de máis de 78.000 persoas aos portos galegos

29/06/22 | 12:09 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta achega a Ferrol unha exposición de ilustracións sobre o Camiño Inglés retratado por dúas artistas que o percorreron o pasado verán

A mostra, que pode visitarse ata o 28 de xullo, está composta por 25 ilustracións resultado da experiencia da catalá Maru Godás e a irlandesa Róisín Curé como peregrinas o pasado verán

28/06/22 | 16:45 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na Conferencia Sectorial de Turismo que ratifica a aprobación do Plan de sustentabilidade en destino presentado polo Concello da Coruña

A reunión levouse a cabo de forma telemática e nela participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro

28/06/22 | 12:22 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro pon en valor a paisaxe e a biodiversidade de Galicia nun curso de verán da Universidade de Santiago

A Casa Habaneira de Guitiriz acolle dende hoxe ata o xoves a XIV edición deste curso de verán.

28/06/22 | 11:36 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta espallará os concertos do Xacobeo en xullo e agosto por 9 concellos da provincia con arredor de 70 artistas de primeiro nivel para celebrar un Ano Santo extraordinario

A programación de “Concertos do Xacobeo” inclúe 16 eventos musicais nas comarcas da Coruña, Barbanza, Santiago e Costa da Morte, con actuacións de diferentes estilos que percorrerán vilas e cidades nun espectáculo descentralizado

27/06/22 | 13:30 | Axencia de Turismo de Galicia

Arias entrega as bandeiras azuis da Mariña, que son 'un recoñecemento ao turismo sustentable da comarca'

O delegado territorial da Xunta en Lugo lembrou que locen este distintivo 18 praias, tres centros de Burela e Cervo, e o porto deportivo de Ribadeo

25/06/22 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Diego Calvo recibe a membros do Parlamento Europeo no marco das xornadas sobre o Camiño e os roteiros culturais europeos

A recepción oficial no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela enmárcase na celebración das xornadas de estudo ‘Os Camiños de Santiago e outros itinerarios culturais: Visións desde Europa’ organizadas pola Xunta e un grupo de eurodeputados no Museo das Peregrinacións