Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inviste máis de 110.000 euros na renovación integral da cabina e da sala de proxeccións da filmoteca de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade inicia a execución das obras de reforma e modernización da sede coruñesa da cinemateca, que se desenvolverá ao longo desta recta final do ano
Galicia recoñece o papel dos premiados nos Elías Valiña para manter viva a Cultura Xacobea
As asociacións de amigos do Camiño en Almería, Pirineos, Ávila e Hungría, galardoados polo seu esforzo para manter a esencia da Ruta Xacobea
Os Bolechas participan un ano máis na programación de Nadal da Xunta de Galicia
Os monecos percorrerán os concellos de Santa Comba, Vimianzo, Abadín, Verín, Viana do Bolo, Negreira, Trazo e As Pontes de García Rodríguez
Román Rodríguez anuncia a ampliación do instituto Aquis Celenis en Caldas de Reis
O obxectivo é dar resposta ás necesidades de escolarización da zona a través da construción de novas aulas para as etapas tanto de ESO como de Bacharelato
A Xunta e a Real Academia de Belas Artes impulsan unha programación do ano Laxeiro con actividades en Madrid, Galicia e París en 2022
O Goberno autonómico, en colaboración con diferentes institucións e entidades, homenaxeará ao pintor lalinense para reforzar e internacionalizar o seu legado
A Xunta achega 7M€ á Universidade de Santiago para reforzar a dixitalización e a innovación tecnolóxica
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e o reitor da USC asinan dous convenios para completar os procesos de adaptación dixital e para accións estratéxicas de I+D+i
Matías G. Rodríguez-Mouriño, gañador da IV Edición do Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea
O seu traballo O menor: procesos a-significantes na arte contemporánea foi elixido polo xurado por unanimidade dun total de sete candidaturas
A Xunta promove a reflexión sobre a divulgación cultural e científica en internet con ‘#Culturalike3’ no marco da exposición ‘Galicia Futura’
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou “o potencial de Internet e as redes sociais como aliadas e cómplices na creación, difusión e educación en cultura”
A Xunta destaca a suma de esforzos para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial
A quinta edición desta cita afonda nos retos e oportunidades da zona e na estratexia na que traballa o Goberno galego para acadar o máximo recoñecemento da Unesco
A Xunta impulsa a reforma e acondicionamento da casa natal de Losada Diéguez en Boborás para reforzar o seu legado e facelo máis accesible
Salienta que o Goberno autonómico dá resposta ao seu compromiso por manter viva a traxectoria dos autores galegos a través dunha rede museística “sólida e xenuína así como fomentando as actividades que estendan o seu traballo entre os máis novos”