Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
Budiño finaliza a súa xira ‘Fulgor’ cun concerto especial na Catedral de Ourense da man da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística participa hoxe na presentación deste concerto especial despedida que terá lugar mañá ás 21,00 horas
Xunta e Fundación Sgae presentan a playlist "Escoita o Camiño. Escoita Galicia" con 2022 temas dun milleiro de grupos e artistas galegos
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación desta iniciativa no marco do Xacobeo 21-22 que se difundirá prioritariamente nos albergues e lugares destacados das Rutas Xacobeas
A Xunta destinou máis de 27M€ a obras educativas desde 2009 en Vigo, a cidade con máis investimentos
Este mesmo ano investíronse máis de 2,2M€ en 25 actuacións ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
A Xunta apoia o Festival Internacional Novos Cinemas de Pontevedra no seu labor de difusión e formación do talento emerxente
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación da sexta edición de certame, que se desenvolverá do 14 ao 19 de decembro no Teatro Principal pontevedrés
Román Rodríguez destaca o papel fundamental da Rede de Formación do Profesorado para converter o modelo educativo galego nun referente en España
Entre os fitos desta década destaca a creación do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), os plans de formación de profesorado en centros ou a Aula Nova experimental para introducir no ensino as metodoloxías máis avanzadas
Román Rodríguez subliña a contribución da Orde de Malta á consolidación histórica do Camiño de Santiago
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participa na presentación dunha traballo de investigación sobre a presenza desta comunidade monástica en Galicia, centrado na Encomenda de Beade
O Comité Educativo avalía a situación na comunidade escolar a piques de iniciar a vacinación dos menores de 12 anos e as vacacións de Nadal
Os datos reflicten que os protocolos funcionan e que o elemento diferencial é a vacinación, xa que o 80% dos casos concéntranse no grupo de cinco a 12 anos fronte á mínima incidencia do grupo de 12 a 19, o de menor afección na sociedade
A Xunta licita a redacción do proxecto de ampliación e adaptación de espazos do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, no que se investirán 1,8 M€
O delegado territorial, Luis López, anunciou a apertura da fase de contratación do proxecto, que definirá a mellora dos talleres de FP e as novas salas para atender o incremento do alumnado, nunha visita ao instituto coa alcaldesa, Sandra González
A Xunta apoia a participación de sete galerías de arte en feiras e mercados nacionais e internacionais
As entidades beneficiarias poden subvencionar os gastos correntes derivados da asistencia aos eventos e o aluguer dos espazos de exhibición, entre outros
O Plan de financiamento universitario 22-26 reforza a investigación cun 41% máis de fondos ata os 400M€
O Consello Galego de Universidades informa favorablemente a previsión para o próximo lustro, que mobilizará 3.200M€, a maior achega feita nunca pola Xunta