Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

21/11/21 | 11:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta concede axudas a 31 escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro

Coincidindo coa véspera do Día dos Músicos, resólvese a convocatoria na que se destinan 165.000€ a asociacións e fundacións

20/11/21 | 12:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conmemorará o centenario de María Casares cunha gran programación escénica, audiovisual, editorial e académica dentro e fóra da Comunidade

O Goberno autonómico impulsa en 2022 o centenario do nacemento da actriz xunto a entidades como a Biblioteca Nacional de España ou a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, entre outras

20/11/21 | 11:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia unha nova acción para integrar ás familias no funcionamento das bibliotecas escolares

A Xunta de Galicia está tamén a traballar na terceira fase do Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe), para que Galicia siga sendo a comunidade con máis bibliotecas escolares en funcionamento

19/11/21 | 21:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que a Xunta organizará en 2022 unha gran exposición sobre Laxeiro na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid

Trátase dunha das grandes apostas do Goberno autonómico dentro da programación do Ano Laxeiro, que incluirá actividades diversificadas

19/11/21 | 19:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a modernización do Museo Manuel Torres, en Marín, en cuxa rehabilitación a Xunta vén de investir 45.000€

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e a alcaldesa da localidade comproban o resultado das obras acometidas nesta pinacoteca

19/11/21 | 15:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arranca a segunda convocatoria de probas Celga 2021 con preto de 1600 persoas inscritas

O IES Antonio Fraguas de Santiago e a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada acollen durante esta fin de semana as probas para a obtención do Celga 4 nas que están admitidas case 1.000 persoas

19/11/21 | 13:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á posta en valor das industrias culturais galegas como principal patrocinadora de Culturgal

Ademais da súa contribución económica, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade achega 13 actividades ao programa do encontro, que se desenvolve do 26 ao 28 de novembro en Pontevedra

19/11/21 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Salón Teatro de Santiago acolle tres espectáculos de novo circo no marco do encontro 'D10!'

O director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do evento que terá lugar ao longo da vindeira semana

19/11/21 | 11:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Xunta dota as escolas cun único docente dun botón de alerta que poidan activar os nenos en caso de emerxencia

Ao premer nel, o dispositivo envía un aviso inmediato ao 061, que despraza os medios oportunos á xeolocalización do aparato ao tempo que lle da instrucións ao nenos a través dun altofalante

18/11/21 | 20:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofrece unha visión renovada da obra do pintor coruñes Alejandro González Pascual cunha mostra antolóxica no Museo de Belas Artes

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición, na que poderán verse preto dun cento de pezas ata finais de febreiro de 2022