Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Román Rodríguez destaca o papel da Escola de Arte Dramática de Galicia, en Vigo, como "factoría de talento e creatividade" dentro e fóra da Comunidade
Compromete a aposta da Xunta polo impulso deste centro como “referente e canteira” para o sector da dramaturxia na Comunidade
A Xunta presenta unha edición facsímile da derradeira obra da poeta Luísa Villalta
O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación de ‘Luísa Villalta. As palabras ingrávidas’, editado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Os traballos arqueolóxicos da Xunta no concello de Larouco sacan á luz unha cabana e un depósito votivo
A campaña púxose en marcha o pasado mes de outubro e os restos descubertos poden pertencer a segunda Idade do Ferro
Román Rodríguez destaca os trinta anos de labor da Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra a prol da protección do patrimonio
O conselleiro lembra que se está a traballar no Plan Educ-Arte para dar un novo pulo a este tipo de centros, aproveitando a década xacobea
Alumnos de centros de Vigo, Ponteareas e A Coruña resultan galardoados no certame Eduemprende Idea
A Xunta convoca este concurso dentro do Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, Eduemprende
A Xunta presenta en Noia a nova campaña para achegar á mocidade as claves da factura eléctrica e o consumo responsable
O secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira, e a xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, participaron no IES Campo de San Alberto nunha xornada para estudantado de 4º da ESO e FP Básica
Xunta e colectivo Egeria réndenlle unha homenaxe póstuma a Manuel Regueiro Tenreiro en Lugo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa no acto en memoria do que foi director xeral de Política Lingüística da Xunta entre 1989 e 2000
O Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo impulsa o ciclo de cine en galego ‘Cinegal’ que arrinca o venres
O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación da iniciativa que terá lugar no Centro Sociocultural de Santa Marta os días 19 e 26 de novembro e 3 e 10 de decembro
A Xunta amplía o grupo de traballo da candidatura da Ribeira Sacra para incorporar novos perfís
Isabel Aguirre, directora da Escola Galega de Paisaxe; Felipe Criado, director do Incipit, e os catedráticos da USC, Lorenzo Fernández Prieto e Rubén Lois procurarán novos e complementarios argumentos e xustificacións que permitan conseguir o máximo recoñecemento da Unesco
A Xunta crea a Rede Galega de Educación Dixital, con 78 docentes que asesorarán aos colexios e institutos para a súa transformación tecnolóxica
O obxectivo é prestar apoio e mentorización ao conxunto de colexios e institutos para que teñan plenamente operativo o seu Plan Dixital de Centro, a primeira acción da Estratexia Educación Dixital 2030, cun investimento de 120M€