Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

03/11/21 | 16:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva o galego por cuarto ano consecutivo ao festival ponferradino Villar de los Mundos

O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe en Santiago na presentación deste evento que dedica a súa IX edición a Galicia e ao Ano Xacobeo

03/11/21 | 14:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias cifra en 5 millóns de euros as obras en execución ou xa licitadas nos centros escolares de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo supervisou hoxe os traballos que se están a acometer no CEP Celso Emilio Ferreiro e o CEP Plurilingüe Igrexa Valadares

03/11/21 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsará as escolas de arte como canteira cultural a través do plan Educ-Arte

Melloraranse os currículos e o funcionamento dos centros que imparten música, danza, artes plásticas e deseño e conservación e restauración de bens culturais

03/11/21 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reafirma o seu apoio ao libro e a lectura cunha partida de preto de 4M€ nos orzamentos de 2022

A achega do Goberno galego favorecerá a proxección exterior do sector así como o lanzamento de ordes de axudas e a adquisición de novidades editoriais

03/11/21 | 12:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A produción do centro dramático galego ‘O charco de Ulises’ inicia unha xira por 20 concellos de Galicia e Portugal

As funcións da peza dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso comezan o día 5 en Tui e se prolongarán ata o 12 de decembro en escenarios das catro provincias galegas e do norte do país luso

02/11/21 | 19:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Igaciencia organizan un webinario sobre intelixencia artificial para inaugurar o mes da ciencia en galego

O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe na inauguración da videoconferencia ‘Poden pensar as máquinas?’, impartida polo profesor e doutor en Física Senén Barro

02/11/21 | 15:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os Premios da Cultura Galega 2021 recaen en Bernardino Graña, Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, Zaza Ceballos, ‘Dígocho eu’, o Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina

O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección exterior

02/11/21 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a "excelente" resposta dos galegos ao Bono Cultura da Xunta no arranque da campaña

O prazo para clientes comezou onte e só nunhas horas esgotáronse todos os bonos dispoñibles o que constata “o interese por gozar da cultura e por esta iniciativa coa que queremos dinamizar o consumo e tamén apoiar ao sector”

02/11/21 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Chega o Mes da Ciencia en galego ás bibliotecas da Xunta con 40 actividades para todos os públicos

Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística presentaron hoxe a programación, a prol do achegamento da cidadanía á literatura científica en galego