Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional:

28/10/21 | 13:43 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Os traballos da Xunta no xacemento romano de Río Caldo sacan á luz novas estancias e numerosos restos de cerámica

A actuación promovida polo Goberno galego evidencia que o espazo vencellado á ‘Via Nova’ estivo ocupado entre os séculos II e IV o despois de Cristo

28/10/21 | 13:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A música galega preséntase no Womex do Porto co apoio da Xunta para a promoción dunha decena de empresas e o concerto das Tanxugueiras

A delegación galega protagonizará mañá un encontro promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para favorecer o networking con axentes musicais de todo o mundo

28/10/21 | 12:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Xunta recorda a Valle-Inclán na ofrenda floral celebrada en Vilanova de Arousa na súa honra

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na actividade con motivo do 155 aniversario do seu nacemento

28/10/21 | 11:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Gabriel Alén pon en valor o Bono Cultura da Xunta

O delegado explicou que con esta iniciativa preténdese favorecer o fortalecemento do sector axudándoo a reducir o impacto derivado da covid-19, xa que se mobilizarán 4M€ nos establecementos e entidades

27/10/21 | 17:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

O Gaiás amosa a beleza e a historia do Camiño Portugués a través das imaxes de 42 dos fotógrafos máis destacables do último século e medio

A través de 120 imaxes e a ollada de 42 fotógrafos, ‘O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra’ dialoga entre a fotografía do pasado e unha mirada actual ás realidades e paisaxes que conforman este itinerario histórico e cultural

27/10/21 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos celebra o seu centenario co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación de ´100 anos de Agarimos’, organizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22

27/10/21 | 14:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Dous novos volumes completan a colección cos textos máis representativos da Xeración Nós impulsada por Hércules de Edicións co apoio da Xunta

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron hoxe na presentación dos tomos que pechan a triloxía Do mellor de Nós

27/10/21 | 13:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Chega a Santiago ‘A lúa vai encuberta’, coprodución do Centro Dramático Galego, Incendiaria e A Quinta do Cuadrante

A peza gañadora do II Certame Manuel María de Producións Teatrais, que conta coa participación na montaxe da Casa-Museo do escritor, representarase do 29 ao 31 de outubro no Salón Teatro con catro funcións nas que colabora o concello compostelán

27/10/21 | 13:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Fernández-Tapias supervisa o remate das obras no IES primeiro de marzo de Baiona tras un investimento de 293.000 euros

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou a relevancia desta intervención, por canto “suporá unha importante mellora desde o punto de vista enerxético” no centro

27/10/21 | 12:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Román Rodríguez subliña un investimento de 42 M€ para reactivar a cultura reforzado agora co novo Bono

Recorda que a prioridade do Goberno autonómico na pandemia foi “manter a actividade con formatos adaptados para que o sector seguise traballando”